Áreas de traballo

Down Pontevedra “Xuntos” ofrece distrintos programas organizados en torno ao noso Servizo de Promoción da Autonomía Persoal, SEPAP

SEPAP

USUARIOS
Atendemos a persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual, dende o nacemento ata a vellez.
Tamén atendemos ás súas familias e apoioamos ás escolas, empresas e contorna xeral para acadar unha inclusión social real.

METODOLOXÍA
Entendemos o noso traballo dende unha perspectiva sistémica, poñendo o enfoque de intervención non só no usuario/a, senón tamén na súa familia e na contorna sociocomunitaria. Realizamos o noso traballo de xeito activo, participativo e cooperativo.
Utilizamos os recursos da nosa comunidade, seguindo o criterio de normalidade.

PROGRAMAS

Área TransversalÁrea de Atención TemperáÁrea de Inclusión EducativaÁrea de Emprego e FormaciónÁrea de Vida Adulta e IndependenteÁrea Complementaria

Familias
O programa de atención a familias nace para dar resposta e orientar aos familiares en todos aqueles aspectos que poidan mellorar a calidade de vida do seu sistema familiar, favorecendo o desenvolvemento.

É importante ter en conta que as familias son o principal axente socializador e polo tanto xogan un papel fundamental na educación da persoa con discapacidade.

Sensibilización
O programa de Sensibilización difunde e sensibiliza acerca das capacidades das persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, dada a escasa conciencia e respecto ás diferenzas que ten a sociedade de hoxe en día.

A finalidade é sensibilizar á comunidade para que tome maior conciencia do seu papel na inclusión das persoas con discapacidade, en prol dunha sociedade máis igualitaria/mellor.

Está destinado os/as nenos/as coa Síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual de 0 a 3 anos e nenos/as de 3 a 6 anos que non estean incluídos no sistema educativo.

Os primeiros anos da vida son moi importantes no desenvolvemento, dada a enorme plasticidade do sistema nervioso.  Por iso a importancia da atención temperá, na que se fai unha valoración do desenvolvemento do neno e establécense unha serie de accións para estimular e compensar as aprendizaxes das distintas áreas, e así poida acadar un mellor desenvolvemento persoal e unha mellor inclusión.

Estas accións van dirixidas ao neno, a familia e a contorna (escolas infantís, coidadores…).

Programa de apoio personalizado

Defendemos unha escola que atenda á diversidade sen rexeitar a ninguén e na que nenos e nenas aprendan cos seus e dos seus iguais. Unha escola na que o alumnado teña unha activa participación no seu proceso de aprendizaxe, desenvolvendo ao máximo as súas potencialidades.

Préstase especial atención ao desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal, tanto na escola como na casa e na sociedade, participando cos apoios que precise en todas as actividades para acadar a maior independencia.

O apoio educativo pretende dar resposta ao usuario/a, á familia e ao centro educativo co fin de favorecer a súa inclusión educativa. A finalidade é desenvolver as capacidades dos usuarios/as, proporcionando os apoios precisos para compensar as dificultades nas aprendizaxes. Trabállase a adquisición de aprendizaxes instrumentais básicas, como son a lectura, a escritura e o cálculo, así como o desenvolvemento das habilidades cognitivas.

A logopedia traballa o desenvolvemento da linguaxe nos nenos/as coa Síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual, xa que é importante para a relación co entorno e tamén para as demais aprendizaxes. Preténdese en primeiro lugar favorecer a comunicación, e despois mellorar a súa linguaxe, utilizando todos os apoios necesarios, e no caso de ter especiais dificultades nesta área utilizaremos métodos aumentativos de comunicación.

Preténdese que a persoa acade a maior autonomía posible, previndo a dependencia, mediante a prestación dos apoios imprescindibles e creando aquelas oportunidades necesarias para que poidan formar parte da comunidade, seguindo sempre criterios de normalidade.

A finalidade é traballar a adquisición e mellora das habilidades nas áreas de:

  • Autonomía persoal e social
  • Autonomía urbana e na comunidade
  • Autonomía doméstica
Programa de coordinación cos centros

Atendendo ao dereito á educación en igualdade de oportunidades que teñen os nen@s e adolescentes, consideramos a inclusión no sistema educativo ordinario como a opción máis axeitada para o desenvolvemento das persoas coa Síndrome de Down.

A finalidade é promover e facilitar a inclusión escolar dos alumnos coa síndrome de Down e de todos os alumnos con discapacidade intelectual no sistema educativo ordinario. E para conseguilo mantemos unha colaboración directa e estreita cos centros para conxuntamente conseguir mellorar a súa inclusión.

No propósito de dinamizar experiencias educativas de calidade promovemos metodoloxías inclusivas. A metodoloxía da Aprendizaxe Cooperativa valora positivamente a diferenza, a diversidade e facilita a participación de tod@s, posibilitando que aprendan xuntos alumn@s diferentes.

Mellorar a educación é facela inclusiva.

Programa de emprego con apoio ECA

O emprego con apoio permítelle ás persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual adquirir as destrezas, habilidades e coñecementos que demande o seu posto de traballo.

Utilizamos a “metodoloxía de emprego con apoio”, entendendo como tal un sistema de emprego integrado na comunidade dentro das empresas normalizadas, para persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, mediante a provisión dos apoios necesarios dentro e fóra do lugar de traballo.

Existen dúas figuras fundamentais neste proxecto:

  • O Prospector/a laboral: Fai unha análise do mercado laboral da zona, contacta coas empresas e lles presenta o programa de emprego con apoio co obxectivo de acadar unha contratación, prestando especial atención á idoneidade do posto de traballo co perfil profesional.
  • O Preparador/a laboral: é a persoa que acompañará ó novo traballador/a durante o seu proceso de formación, será o encargado/a da mediación nas relacións cos seus compañeiros/as e superiores, e de que desenvolva as tarefas de forma progresiva ata acadar o grado de autonomía necesario.

Máis información sobre o Programa de Emprego con Apoio

Programa de inclusión laboral

A finalidade deste programa é formar ás persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual, nas habilidades socio-laborais que lles permitan acceder a un posto de traballo no mercado laboral ordinario, e/ou mellorar as súas condicións e destrezas para o desenvolvemento das tarefas no mesmo. Tamén se fomenta o aproveitamento dos recursos ordinarios da comunidade para complementar a formación que se fai na asociación.

Programa de envellecemento activo

As persoas coa Síndrome de Down aumentaron a súa esperanza de vida grazas ós avances en todos os ámbitos da saúde. É por isto que na Federación Down Galicia creouse a Comisión de Envellecemento da que formamos parte, co fin de organizar novos programas que acompañen ás persoas no seu proceso de envellecemento, favorecendo que este sexa o mais activo e satisfactorio posible.

Programa de inclusión social

A inclusión social é fundamental para o desenvolvemento e benestar de calquera persoa. Ademais a participación na sociedade favorece a autonomía, previndo situacións de dependencia.

A finalidade do programa é dotar dos apoios necesarios ás persoas usuarias do programa para a súa inclusión social activa, mediante o traballo nas áreas de habilidades instrumentais básicas, autonomía e desenvolvemento persoal.

Expresión corporal

A expresión corporal é unha actividade que desenvolve a sensibilidade, a imaxinación, a creatividade e a comunicación. É unha linguaxe por medio da cal a persoa pode sentirse, coñecerse e manifestarse.

A finalidade é favorecer as capacidades e mellorar as habilidades de expresión e comunicación a través do corpo, así como reforzar a autoestima, socialización e a inclusión.

Programa de ocio

O ocio é parte do noso desenvolvemento persoal, o seu goce permítenos relacionarnos social e persoalmente e ter a oportunidade de afianzar as nosas expectativas de vida. Mediante o ocio temos a oportunidade de implicarnos socialmente, desenvolver habilidades de autonomía, emocionais, culturais e intelectuais.

A finalidade principal é favorecer a participación das persoas coa Síndrome de Down e/ou outras discapacidades intelectuais nas actividades de ocio, como medio de desenvolvemento persoal e orientadas ao goce do tempo libre.


DOWN ESPAÑADOWN GALICIA
 
Proxecto cofinanciado por:   

AENOR   IQ NET

 

Back to Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies