Misión, visión, valores

Autonomía urbana

POLÍTICA DE CALIDADE
Down Pontevedra “Xuntos”, como membro da Federación Down Galicia, ten implantado un Sistema de Xestión de Calidade integral en todas as actividades e programas das áreas de Atención temperá, Inclusión educativa, Emprego e formación, Vida adulta, área complementaria e área transversal.

VISIÓN
Ser unha entidade de referencia na prestación de apoios e asesoramento aos recursos ordinarios que utilicen as persoas coa Síndrome de Down e con discapacidade intelectual, e ser capaces de dar resposta aos retos que xurdan no desenvolvemento dos proxectos de vida das persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual.

MISIÓN
Contribuír á mellora da calidade da vida de cada persoa coa Síndrome de Down e con discapacidade intelectual e das súas familias, promovendo a través da plena inclusión social e da utilización dos recursos ordinarios da comunidade, asumindo o establecido na Convención de Nacións Unidas sobre dereitos das persoas con discapacidade.

PRINCIPIOS

  • Diversidade: O normal é que sexamos diferentes
  • Dignidade: Son unha persoa
  • Autodeterminación: Vivo a miña vida
  • Igualdade de oportunidades: Coma ti, podo con apoio
  • Inclusión: A miña exclusión é o fracaso de todos

VALORES que sustentan a filosofía e servizos que realiza a Asociación.

  • Coherencia A institución e todas as persoas que formamos parte da Federación Down Galicia somos coherentes cos nosos principios.
  • Participación Contribuímos ao desenvolvemento dunha sociedade máis diversa, inclusiva, democrática e xusta, promovendo a participación activa das persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual.
  • Compromiso Esforzámonos por comprender os sentimentos, necesidades e intereses dos demais, especialmente das persoas coa Síndrome de Down e con discapacidade intelectual.
  • Reivindicación Reivindicamos os dereitos, deberes e liberdades das persoas coa Síndrome de Down e con discapacidade intelectual coa defensa dos nosos principios, exercitando os nosos valores e desenvolvendo políticas efectivas.
  • Efectividade Como entidade de iniciativa social comprometida coa construción do estado de dereito e que traballa en favor de fins de interese xeral, estamos comprometidos coa mellora continua, colaboramos activamente con todos os nosos grupos de interese e somos transparentes na nosa xestión.
  • Unión A unión do movemento Down en Galicia arredor da Federación é un patrimonio institucional que debe preservarse como elemento impulsor do desenvolvemento da súa visión.

DOWN ESPAÑADOWN GALICIA
 
Proxecto cofinanciado por:   

AENOR   IQ NET

 

Back to Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR