Quen somos

Atención temperá

Down Pontevedra “Xuntos” é unha asociación de nais, pais e familiares que traballa pola inclusión das persoas coa Síndrome de Down. Nace un 26 de Decembro de 1991, despois de que un grupo de familiares de persoas coa Síndrome de Down (motivados principalmente pola falta de servizos de apoio) decidiran xuntarse para acadar un obxectivo común: mellorar a calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down e como consecuencia conseguir a participación destas persoas en todos os ámbitos (escolar, familiar, social, laboral…).

A Asociación, constituída sen ánimo de lucro, ten personalidade xurídica propia, independente da dos seus asociados e extende a súa actividade á zona norte da provincia de Pontevedra así como ás poboaciones limítrofes que poidan verse beneficiadas.

Na actualidade Down Pontevedra “Xuntos” presta atención a persoas coa Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Para acadar o noso obxectivo as persoas coa Síndrome de Down deben comezar por:

• Gozar de todos os seus dereitos.
• Ter cubertas as súas necesidades e expectativas.
• Poder desenvolver todas as súas potencialidades.
• Ocupar un lugar activo na sociedade.

Dende Down Pontevedra “Xuntos” traballamos pola igualdade, nunha sociedade aberta e plural, libre de prexuízos cara a discapacidade, que se sinta enriquecida coa diversidade e coa participación activa das persoas coa Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, polo que se debe dar unha actitude social positiva cara ás persoas con discapacidade.

Respecto aos nosos sinais de identidade, poderiamos destacar:

• Servizos prestados por profesionais cualificados.
• Aposta pola normalización e a inclusión.
• Aposta polo uso de servizos ordinarios da comunidade.
• Prestación de servizos a outras persoas con discapacidade intelectual.
• Colaboración con outras entidades e colectivos.


DOWN ESPAÑADOWN GALICIA
 
Proxecto cofinanciado por:   

AENOR   IQ NET

 

Back to Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR