Obradoiro de Xénero

Obradoiro de Xénero

Obradoiro de Xénero

Non hai comentarios en Obradoiro de Xénero

 

 

Nome do proxecto: Obradoiro de Xénero

Contía da achega: 2.764,70 €

Breve descrición do proxecto: Este proxecto irá destinado a 27 usuarios/as da entidade e constará de diversos obradoiros que xirarán entorno a temática de xénero así como o fomento da igualdade entre homes e mulleres. Entendendo por isto a participación activa e equilibrada de ambos sexos en tódalas áreas da vida pública e privada, prestando especial atención a dobre condición que da orixe a actitudes discriminatorias: ser muller e ter unha discapacidade. Deste xeito, realizarase un “obradoiro de autoestima”, outro “obradoiro das emocións” e por último o obradoiro sobre “A relación con un mesmo”. Neles buscarase, entre outros aspectos, ampliar o coñecemento sobre si mesmos, a aceptación das propias limitacións, coñecer as diferentes emocións positivas e negativas, identificar as nosas características máis positivas ou non avergoñarse dos nosos aspectos máis negativos.

Obxectivos do proxecto:

  • Fomentar e apoiar a participación activa das mulleres en tódolos ámbitos sociais.
  • Tomar conciencia da imaxe que temos sobre nos mesmos.
  • Fomentar a Igualdade de Xénero entre homes e mulleres.
  • Coñecer a realidade e os tipos de violencia de xénero.
  • Sensibilizar a os/as usuarios/as sobre unha educación entre iguais.

 

logo depu


DOWN ESPAÑADOWN GALICIA
 
Proxecto cofinanciado por:   

AENOR   IQ NET

 

Back to Top