Resumo 21 Marzo día Mundial da Sindrome de Down e Aniversario de “Xuntos”

Resumo 21 Marzo día Mundial da Sindrome de Down e Aniversario de “Xuntos”

Resumo 21 Marzo día Mundial da Sindrome de Down e Aniversario de “Xuntos”

Non hai comentarios en Resumo 21 Marzo día Mundial da Sindrome de Down e Aniversario de “Xuntos”

Aquí deixamos un resumo de todo o que compartimos coa cidade de Pontevedra e coa súa  xente o pasado 21 de Marzo. Foi un pracer poder mostrar dunha forma tan innovadora a realidade das persoas coa Síndrome de Down e percorrer xuntos o camiño da inclusión.

Dende moi cedo estivemos traballando para montar o noso labirinto na Praza da Ferrería no cal, como na vidal, podíase percorrer o camiño da inclusión social ou o dos estereotipos e prexuízos, e tamén como na vida, so o primeiro ten saída. Dende o noso labirinto partiron as pegadas que nestes días percorreron a cidade de Pontevedra  e que levaban cara aqueles establecementos que colocaron a nosa cartelería inclusiva do día mundial da Síndrome de Down. Volvemos a dar as grazas os negocios do téxtil que colaboraron con nós demostrando que as persoas coa Síndrome de Down tamén teñen dereito a coidar a súa imaxe persoal e ir a moda. Igualmente, estivemos encantados da acollida entre as librerías de Pontevedra que demostraron que a poesía e a Síndrome de Down si son compatibles. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

DSC02741 IMG-20170322-WA0003 IMG-20170322-WA0004

 

Non esquecemos a Caixiña de Mistos que non axudou a difundir a nosa mensaxe mediante filmes.

IMG-20170321-WA0035 IMG-20170321-WA0025

s

s

s

s

s

s

s

                                                                                                  s

Tamén neste día inauguramos o mosaico que con duro esforzo fixeron seu veciños da cidade e os usuarios da práctica totalidade das entidades sociais de Pontevedra. A todos eles e os artistas Gerardo Rodriguez “Chere” e o seu irmán Manuel dámoslle as grazas por ter realizado tan impoñente obra.

DSC02547

DSC02734

s

s

s

s

s

s

s

Como colofón deste magnífico día tivemos o noso acto central na Praza da Pedreira no que participaron os presidentes de Down Pontevedra “Xuntos”, Manuel Pérez Cabo e de Down Galicia, Delmiro Prieto González acompañados polo Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e pola deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación, Digna Rosa Rivas Gómez. Acto magnificamente amenizado polo grupo pontevedrés Vortëx.

Se queredes consultar a revista do 21M para ter mais información pinchade aquí


DOWN ESPAÑADOWN GALICIA
 
Proxecto cofinanciado por:   

AENOR   IQ NET

 

Back to Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR