Proxecto “CAMIÑANDO” subvencionado pola Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado)

Non hai comentarios en Proxecto “CAMIÑANDO” subvencionado pola Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado)

Con fondos da Consellería de Política Social, a Dirección Xeral de Xuventude, Perticipación e Voluntariado concedeunos unha subvención para desenvolver o proxecto “CAMIÑANDO” neste ano 2017.

A través deste proxecto proporciónanse os apoios necesarios para que as persoas participantes cheguen a dispor das habilidades necesarias para aproveitar o seu tempo de ocio e lecer da forma máis autónoma posible, fomentando ó mesmo tempo a inclusión social e o uso dos servizos ordinarios da comunidade na que viven. Ademais contamos coa actividade de expresión corporal na que se desenvolven as habilidades sociais e persoais como contido transversal, que favorecerán as relacións interpersoais necesarias para o ocio. Finalmente tamén se favorece a inclusión educativa dos rapaces e rapazas coa Síndrome de Down, facendo os apoios necesarios nos ámbitos da logopedia, da aprendizaxe de lectoescritura e cálculo e da atonomía entre outros.

DOWN ESPAÑADOWN GALICIA
 
Proxecto cofinanciado por:   

AENOR   IQ NET

Back to Top