A Consellería de economía, emprego e industria e o FSE, subvencionan a contratación de dúas persoas desempregadas en Down Pontevedra “Xuntos”

A Consellería de economía, emprego e industria e o FSE, subvencionan a contratación de dúas persoas desempregadas en Down Pontevedra “Xuntos”

A Consellería de economía, emprego e industria e o FSE, subvencionan a contratación de dúas persoas desempregadas en Down Pontevedra “Xuntos”

Non hai comentarios en A Consellería de economía, emprego e industria e o FSE, subvencionan a contratación de dúas persoas desempregadas en Down Pontevedra “Xuntos”

 

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, subvenciona a contratación dúas persoas desempregadas acollidas ó programa de Garantía Xuvenil en Down Pontevedra “Xuntos”. Esta axuda está cofinanciada  polo FSE e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Esta achega empregarase para sufragar os custos salariais dos traballadores contratados e a súa cotización á Seguridade Social a xornada completa durante 7 meses.

Os dous novos traballadores desempeñarán as súas funcións nas oficinas da nosa entidade en Pontevedra. O obxectivo é prestar apoio cos programas de “Adestramento Laboral das persoas coa D.I e/ou S.D” e “ Educación para a saúde das persoas coa D.I e/ou S.D””.

Obxectivos dos programas:

  • Adestramento laboral das persoas coa discapacidade intelectual e/ou síndrome de down: Apoio e formación no posto, elaboración de materiais, mediación coa empresa, atención a familias. A participación do profesional suporá a implicación na detección das dificultades e a elaboración e busca das adaptacións necesarias para cada usuario/a e a consecutiva avaliación dos progresos obtidos.
  • Educación para a saúde das persoas coa discapacidade intelectual e/ou síndrome de down: Implicar ás familias na planificación dun envellecemento o máis activo posible das persoas maiores usuarias, facendo fincapé no establecemento de controis de saúde periódicos. Ofrecer atención e apoio psicosocial ás familias das persoas maiores usuarias en procesos de demencia. Manter coordinación cos diferentes recursos sociosanitarios aos que asisten as persoas maiores usuarias.

 

RESULTADOS DO PROXECTO:

Grazas a esta axuda, Down Pontevedra Xuntos puido contratar a dúas persoas desempregadas rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. As novas traballadoras desempeñarán as súas funcións como axente adestramento laboral das persoas coa discapacidade intelectual e/ou síndrome de down e como educadora para a saúde das persoas coa discapacidade intelectual e/ou síndrome de down no centro Down Pontevedra “Xuntos”, Asociación Síndrome de Down sita en Pontevedra.


DOWN ESPAÑADOWN GALICIA
 
Proxecto cofinanciado por:   

AENOR   IQ NET

 

Back to Top