Este Día Mundial consegue a túa mochila eco-friendly con Down Galicia!

Este Día Mundial consegue a túa mochila eco-friendly con Down Galicia!

Non hai comentarios en Este Día Mundial consegue a túa mochila eco-friendly con Down Galicia!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha mochila cargada de solidariedade é o lema co que as entidades Down en Galicia e La Voz de Galicia poñen á venda unha mochila eco-friendly con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down.

A venda deste produto ofrece a todas aquelas persoas que o desexen a oportunidade de colaborar de forma directa cos programas de inclusión e autonomía persoal que desenvolven as entidades Down en Galicia.

Deste xeito, toda aquela persoa que estea interesada en adquirir esta mochila debe reservala no seu quiosco máis próximo desde o luns 9 de marzo ata o venres 13 de marzo, para poder recollela co xornal La Voz de Galicia entre os días 21 e 26 de marzo.

A mochila, feita en algodón reciclado de 150 g/m2, presenta un deseño moi atractivo no que se inclúe o lema da campaña de Down Galicia para este Día Mundial, “Tan diferentes como iguais”. Con este leitmotiv preténdese poñer en valor o concepto da diferenza e dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade.

Nesta ocasión, a Federación opta por sumar esforzos a favor doutra reivindicación mundial histórica, a de salvar o noso planeta. Por este motivo, e aproveitando que o Día Mundial da Síndrome de Down coincide co Día internacional dos Bosques, Down Galicia pon á venda un produto sostible e respectuoso co medio ambiente.

Esta campaña pretende, principalmente, concienciar á sociedade e permitirlle aportar o seu gran de area para que as persoas coa síndrome de Down conten cos apoios necesarios e coas contornas adecuadas para levar unha vida autónoma, formando parte da súa comunidade de forma visible e activa, e demostrando as súas capacidades.

Esta iniciativa solidaria é posible grazas á colaboración desinteresada de La Voz de Galicia e da Asociación de vendedores de prensa e rede de puntos de venda de La Voz de Galicia.

 

Características da mochila:

  • Feita en algodón reciclado de 150 gr/m2
  • Cordas e asas longas
  • Medidas: 38 x 42 cm.

DOWN ESPAÑADOWN GALICIA
 
Proxecto cofinanciado por:   

AENOR   IQ NET

 

Back to Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies