Ante a emerxencia social, as entidades de Pontevedra máis ca nunca pedimos o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda

Ante a emerxencia social, as entidades de Pontevedra máis ca nunca pedimos o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda

Non hai comentarios en Ante a emerxencia social, as entidades de Pontevedra máis ca nunca pedimos o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
  • As entidades sociais estivemos, estamos e estaremos en primeira liña, apoiando e defendendo os dereitos das persoas máis vulnerables, coa colaboración de todas as persoas que marcan a X Solidaria na declaración da renda.

 

  • Baixo a etiqueta #emerXenciaSOLIDARIA, as ONG galegas lanzan unha campaña nas redes coas persoas beneficiarias de programas financiados coa X Solidaria.

 

  • En Pontevedra 142,627 contribuíntes marcaron o recadro da X Solidaria na súa Declaración da Reda 2020, 5.472 mais que no ano anterior. Recadáronse 3.085.884€, incrementando 310,346€ con respecto a 2019

 

  • 415 pontevedreses e pontevedresas seguen sen marcar o cadro de Outros Fins Sociais. Se o fixeran, en 2020 teríanse recadados 1.978.620 € mais. Un total de 5.064.503 €

Pontevedra. 29 de abril de 2021. Co inicio da campaña para a presentación da Declaración da Renda, as ONG galegas, baixo o paraugas de EAPN Galicia, Cermi Galicia e Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, máis ca nunca, pedimos a colaboración da cidadanía para que marque o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”, o que se coñece como X Solidaria.

A emerxencia sanitaria que padecemos está facendo máis vulnerables ás persoas que xa o eran antes da pandemia. Cara elas as ONG galegas destinan programas e servizos de atención ás persoas en exclusión social ou pobreza que, para seguir manténdose, precisan do financiamento económico que chega a través do 0,7% do IRPF, un orzamento que ás persoas contribuíntes non lles supón ningún custo a maiores.

Pontevedra é a cidade galega que conta cun 54% de persoas contribuíntes que marcaron o recadro da X Solidaria. En 2020, un total de 142.627 contribuíntes marcaron o recadro da X Solidaria na súa Declaración da Renda, 5.472 máis que no ano anterior, recadáronse 3.085.884€, superando en 310.346€ o recadado en 2019.

Con todo, 121.415 pontevedreses e pontevedresas seguen sen marcar o cadro de Outros Fins Sociais. Se o fixeran, en 2020 teríanse recadados 1.978.620€ mais. Un total de 5.064.503€ que irían destinados a programas a favor de persoas en perigo de exclusión social.

En Galicia, a campaña de 2020 recadou 19.292.383 euros, unha cantidade aportada polas 735.705 persoas que marcaron a X Solidaria na súa Declaración. Comparada coa campaña anterior, foron 19.504 persoas máis as que marcaron a X Solidaria permitindo recadar 1.828.550 euros máis. Como media cada contribuínte aportou 26,22 euros.

Actualmente, son aínda 594.110 persoas contribuíntes as que seguen sen marcar a X Solidaria (un total de 473.691 non marcaron ningún recadro e 120.419 só marcaron o da Igrexa). No caso de facelo, permitirían que a asignación final en Galicia incrementara en 12.984.780 euros ata un total de 32.277.165 euros.

O IRPF abarca unha gran diversidade de programas de loita contra a pobreza, pola discapacidade e pola infancia, que veñen desenvolvendo todo tipo de actividades como programas de atención temperá, de inserción laboral, de exclusión social, para a atención a mulleres en situación de violencia machista, educativos, etc.

Dende as ONG queremos destacar que a pandemia motivou un empobrecemento xeral e un incremento de demanda, debendo prestar tamén axuda e servizos a novas persoas e perfís en situación de exclusión social, en especial nenos e nenas, antes de que se cronifique a súa situación. As organizacións estamos a ver por exemplo como se agravan doenzas e se ralentizan recuperacións funcionais que precisan moitas persoas con discapacidade.

emerXencia SOLIDARIA

As entidades de acción social galegas queren recordar que “Marcar o X Solidario non custa nada: NIN pagamos máis NIN imos recibir menos cartos no caso das devolucións”  e que se se  marca a casiña da Igrexa, pódese marcar tamén a de ‘Actividades de Interese Social’,

Máis información: 

www.xsolidaria.org

EAPN Galicia / CERMI Galicia e Plataforma de ONG de Infancia. 698 127 110

 


DOWN ESPAÑADOWN GALICIA
 
Proxecto cofinanciado por:   

AENOR   IQ NET

 

Back to Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies