Fomento e realización de actividades de voluntariado 2016

Fomento e realización de actividades de voluntariado 2016

Fomento e realización de actividades de voluntariado 2016

Non hai comentarios en Fomento e realización de actividades de voluntariado 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, afianza o seu compromiso coas persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual cunha achega de 1.794,10€ ó proxecto “Imos Xuntos” de Down Pontevedra “Xuntos”.

O principal obxectivo desta iniciativa é promover a acción voluntaria nos distintos Programas que se levan a cabo na entidade, coa finalidade de acadar un desenvolvemento pleno das persoas coa Síndrome de Down e/ou outro tipo de discapacidade intelectual.

Este programa de voluntariado desenvolverase nas Áreas de Inclusión Educativa cun programa de apoio personalizado, na Área Complementaria nos programas de Expresión Corporal, Ócio e Tempo de Lecer . Igualmente farase fincapé na Área de Vida Adulta que pretende dotar dos apoios necesarios ás persoas que integran este colectivo.

Beneficiáronse deste proxecto aproximadamente 3 voluntarios/as da asociación que colaboraron cun total de 55 nenos/as e mozos/as usuarios da entidade.

A labor dos voluntarios é fundamental para facer posible que as persoas coa Síndrome de Down e/ou outro tipo de discapacidade intelectual acaden a súa inclusión en tódolos ámbitos axudando ó seu desenvolvemento pleno a través da participación en varios dos Programas que oferta a entidades.


DOWN ESPAÑADOWN GALICIA
 
Proxecto cofinanciado por:   

AENOR   IQ NET

 

Back to Top