Proxecto de adquisición de equipamento para o servizo de promoción da autonomía persoal
Proxecto de adquisición de equipamento para o servizo de promoción da autonomía persoal
26 Xaneiro, 2017 Non hai comentarios en Proxecto de adquisición de equipamento para o servizo de promoción da autonomía persoalNome do proxecto: Proxecto de adquisición de equipamento para o servizo de promoción da autonomía persoal
Contía da achega: 600 €
Breve descrición do proxecto: Este proxecto está dirixido a usuarios/as con idades comprendidas entre os 0 e 21 anos e basease na adquisición de materiais destinados o proxecto “Psicomotricidade para nenos e nenas coa Síndrome de Down”. Este proxecto aplicarase en dous dos programas que forman parte do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) da entidade: O programa de Atención Temperá e o Programa de Apoio Personalizado. O primeiro deles vai encamiñado a realizar unha valoración do neno/a e a establecer unha serie de accións para estimular e compensar os aprendizaxes das distintas área, facilitando un maior desenvolvemento persoal e unha mellor inclusión. No programa de Apoio Personalizado traballarase fundamentalmente no reforzo dos aprendizaxes instrumentais básicos xunto cun progresivo desenvolvemento do razoamento lóxico e a constante mellora da autoestima, prestando especial atención o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal.
Obxectivo xeral do proxecto: O obxectivo xeral deste proxecto é mellorar a calidade de vida dos usuarios/as do proxecto de psicomotricidade, a través da adquisición de materiais para o mesmo.