Áreas de traballo
Down Pontevedra “Xuntos” ofrece distrintos programas organizados en torno ao noso Servizo de Promoción da Autonomía Persoal, SEPAP
USUARIOS
Atendemos a persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual, dende o nacemento ata a vellez.
Tamén atendemos ás súas familias e apoioamos ás escolas, empresas e contorna xeral para acadar unha inclusión social real.
METODOLOXÍA
Entendemos o noso traballo dende unha perspectiva sistémica, poñendo o enfoque de intervención non só no usuario/a, senón tamén na súa familia e na contorna sociocomunitaria. Realizamos o noso traballo de xeito activo, participativo e cooperativo.
Utilizamos os recursos da nosa comunidade, seguindo o criterio de normalidade.
PROGRAMAS
Os primeiros anos da vida son moi importantes no desenvolvemento, dada a enorme plasticidade do sistema nervioso. Por iso a importancia da atención temperá, na que se fai unha valoración do desenvolvemento do neno e establécense unha serie de accións para estimular e compensar as aprendizaxes das distintas áreas, e así poida acadar un mellor desenvolvemento persoal e unha mellor inclusión.
Estas accións van dirixidas ao neno, a familia e a contorna (escolas infantís, coidadores…).