Política de Privacidade

1.- QUEN INFORMA:

A seguinte entidade mediante esta política de privacidade quere informar sobre o tratamento e protección dos datos de carácter persoal de calquer titular co que manteña unha relación na que se requira o tratamento dos seus datos:

ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS” G36164887 R/Gorgullón 41 36003 Pontevedra

2.-DONDE INFORMA:

Na seguinte web: www.downxuntos.org

3.-¿TEMOS DELEGADO/A DE PROTECCIÓN DE DATOS?
Si, pola natureza dos datos que tratamos, contamos con un Delegado/a de Protección de Datos para garantir o cumprimento da normativa de protección de datos vixente. O noso Delegado de Protección de Datos é CONVENCE ABOGADOS, S.L., con el CIF/NIF:B27726769. Podes contactar con el a través de downgalicia.dpo@convenceabogados.es.

4.-TRATAMENTO DE DATOS

As operacións, xestións e procedementos técnicos que se realicen de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, o almacenamento, a modificación, a transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais.

Informamos de un tratamento conxunto en aqueles casos necesarios para a xestión integral de todas aquelas necesidades das persoas beneficiarias, sen prexuízo do indicado no apartado 6 desta política.

5.- LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO

A base da lexitimación do tratamento de Datos Persoais será a que resulte da relación contractual ou precontractual, a laboral, a estipulada polos estatutos de cada entidade e sobre todo a xerada por ser socio dentro do obxecto social de cada entidade.

Nos casos necesarios obterase consentimento expreso.

6.- COMUNICACIÓNS ELECTRÓNICAS

  • No caso de recibir comunicacións por estes medios (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada de formularios, e outros sistemas de comunicación) informámoslle que as mensaxes diríxense exclusivamente ó seu destinatario e poden conter información privilexiada ou confidencial. Si non é vde. o destinatario indicado, queda notificado de que a utilización, divulgación e/ou copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.
  • De conformidade co establecido na Lei 34/2002 de 11 de xullo, de “Servicios de la Sociedad de la Información y del Comercio Electrónico”, e a Directiva 2002/58/CE comunicámoslle que no suposto de que non desexe recibir comunicacións e informacións de índole comercial mediante este sistema de comunicación electrónica, no lo indique por esta mesma vía indicando no asunto “BAIXA COMUNICACIÓNS” para que os seus datos persoais sexan dados de baixa da nosa base de datos. A súa solicitude será accionada nun prazo de 10 días dende o seu envío. Mentres non recibamos comunicación expresa pola súa parte solicitando dita baixa, entenderemos que acepta e autoriza que a nosa empresa sega realizando as referidas comunicacións.

7.- RESPONSABLES DE TRATAMENTO:

En cumprimento da lexislación vixente en Protección de Datos indicámoslle que os datos persoais que Vd. nos facilita de forma voluntaria por calquera dos nosos medios de recollida de información serán incorporados a tratamentos automatizados e/ou manuais, sendo a entidade das identificadas no punto 1 desta política e coa que mantén a relación contractual o Responsable de ditos tratamentos. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos nos que exista unha obrigación legal.

Así mesmo, a entidade declara e garante que mantén os niveis de seguridade para a protección de datos persoais conforme dispón a lexislación vixente, e que estableceu todos os medios técnicos o seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado, roubo dos datos facilitados polos interesados e para que os seus empregados observen ditas prescricións, así como o deber de secreto sobre os datos obxecto da protección e demais obrigas de confidencialidade vixentes.

Os datos serán conservados mentres dure a relación que xera dito tratamento ou durante os anos necesarios para cumprir as obrigacións legais. Unha vez finalizada a relación que xustifica o tratamento de datos, estes serán bloqueados conforme o disposto na normativa, transcorrido o prazo legalmente establecido serán eliminados. (ver en cada finalidade o prazo de conservación)

A normativa de protección de datos confírelle ao titular dos datos persoais os seguintes dereitos:

  • Dereito a revocar calquera consentimento prestado previamente.
  • Dereito de acceso: Coñecer que tipo de datos se están tratando e as características do tratamento que se leva a cabo.
  • Dereito de rectificación: Poder solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou non veraces.
  • Dereito de portabilidade: Poder obter unha copia en formato interoperable dos datos que estean sendo tratados.
  • Dereito á limitación do tratamento nos casos que considere que non é necesario.
  • Dereito de cancelación: Solicitar o cese do tratamento dos datos e a súa supresión cando xa non sexa necesaria a súa conservación.

Se desexa máis información respecto ó tratamento dos seus datos, rectificar aqueles que sexan inexactos, opoñerse e/ou limitar algún tratamento que considere que non é necesario, ou solicitar a cancelación do tratamento cando os datos xa non sexan necesarios, pode dirixirse por escrito á ASOCIACIÓN SÍNDROME DE DOWN PONTEVEDRA “XUNTOS”  R/Gorgullón 41   36003 Pontevedra  ou mediante correo electrónico a downgalicia.dpo@convenceabogados.es.

  • Dita comunicación deberá reflexar a seguinte información: Nome e apelidos do usuario, a petición de solicitude, o domicilio e os datos acreditativos.
  • O exercicio de dereitos deberá ser realizado polo propio usuario. Non obstante, poderán ser executados por unha persoa autorizada como representante legal do autorizado. En tal caso, deberase aportar a documentación que acredite esta representación do interesado.

 Lembrarlle, ademais, que ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de datos  (AEPD), se considera infrinxidos os seus dereitos: Axencia Española de Protección de datos/ Jorge Juan, 6 28001-Madrid – FAX:  914483680- TELF: 901 100 099- E-mail: ciudadano@agpd.es

 

FINALIDADES DOS TRATAMENTOS DE DATOS:

Detallamos a continuación as finalidades dos tratamentos de datos levados a cabo por algún ou todos dos Responsables de Tratamento enumerados anteriormente:

  • XESTION LABORAL: Xestión da relación laboral cos empregados; tratamento dos datos necesarios para o mantemento da relación laboral: xestión de nóminas, formación… Os datos proporcionados conservaranse durante os prazos previstos pola lexislación fiscal e laboral e os necesarios para cumprir as obrigas legais.
  • XESTION DE VOLUNTARIOS / PRACTICAS: Datos necesarios para xestionar os voluntarios ou persoas que realizan prácticas en cada entidade. Os datos serán cedidos nos casos que se teña que xustificar dita participación e conservados solo o tempo legalmente establecido.
  • XESTION DE PERSOAS BENEFICIARIAS: Poder prestar os servicios a cada usuario dentro da actividade natural de cada entidade e o cobro de cotas. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación coa entidade ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais.
  • XESTION DE CONTACTOS: Poder enviar a persoas con interese lexítimo información relacionada coas nosas actividades e servizos, envío de boletíns, campañas de apoio por calquera medio dispoñible, e invitalos a eventos do seu interese. Os datos proporcionados conservaranse mentres non solicite o cese de dito tratamento.
  • SELECCIÓN DE PERSOAL: Poder xestionar todos aqueles curriculum e outras informacións aportadas por candidatos a un posto de traballo e o de mantelos informados das distintas vacantes a un posto de traballo que se produzan na nosa entidade. Os datos proporcionados conservaranse ata a adxudicación de un posto de traballo ou ata que se exerza o dereito de cancelación sobre dito tratamento (dito prazo pode estar regulado por algunha obriga legal de xustificación de dita selección, no caso contrario non superará un ano). En todo momento o candidato pode opoñerse ou limitar o alcance do tratamento dos seus datos.
  • RELACIÓNS CON PROVEDORES: Poder realizar pedidos e pago dos servizos. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais.
  • XESTION DE EXPEDIENTES DE USUARIO: Para poder prestar correctamente os servizos, seguimento de todas as actividades de apoio, formación, busca de emprego e outras necesidades para cubrir a evolución da persoa. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación co usuario ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais.
  • ORGANIZACIÓN DE EVENTOS: Poder organizar eventos (cursos, charlas, concursos e outras actividades de difusión) por parte de calquera dos Responsables do Tratamento. Os datos proporcionados conservaranse mentres non solicite o cese da actividade ou durante os anos necesarios para a xustificación da actividade.
  • ARCHIVOS MULTIMEDIA: Nos diferentes eventos é posible que se realicen vídeos e/ou imaxes para a difusión da actividade e/ou xustificación da mesma. Os datos serán conservados mentres teña relevancia a difusión da actividade ou ata que se solicite a cancelación da mesma.
  • ACCIONS FORMATIVAS: Xestión dos cursos, charlas e outras actividades formativas que necesitan accións específicas. Os datos proporcionados conservaranse durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais e xustificación da formación impartida. Nos casos necesarios serán cedidos á Administración Pública con competencia na materia.
  • XESTIÓN DE CERTIFICADOS DE DELITOS SEXUAIS: Consultar a existencia de antecedentes por delitos sexuais de aquelas persoas que vaian ter acceso no exercicio de calquera profesión, oficio e/ou actividade dentro da organización que implique contacto habitual con menores de idade. Os datos proporcionados conservaranse o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais.
  • XESTION DE COLABORADORES: Xestión dos datos de aquelas persoas que colaboran con cada entidade. Os datos serán cedidos á Administración Pública con competencias na materia de deducións. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación co colaborador ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais.

DOWN ESPAÑADOWN GALICIA
 
Proxecto cofinanciado por:   

AENOR   IQ NET

 

Back to Top