Síndrome de Down
A Síndrome de Down é o conxunto de características que se manifestan nunha persoa como consecuencia dunha alteración xenética: a presenza nas súas células dun cromosoma extra no par 21, é dicir, 47 cromosomas en lugar de 46. Por esta razón tamén se chama trisomía 21. Estas características inflúen sobre a aprendizaxe e a conduta das persoas coa Síndrome de Down, aínda que varían notablemente dunhas persoas a outras.
Non hai dúas persoas iguais. Cada unha é única e as persoas coa Síndrome de Down tamén son moi diferentes entre si, todos/as posúen unhas potencialidades de desenvolvemento, unha personalidade, unhas habilidades sociais, unhas competencias, un nivel cognitivo, unha autonomía… distintas.
O noso obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down e Discapacidade Intelectual, prestando os apoios necesarios para que poidan desenvolver as súas capacidades e adquirir unha maior autonomía e independencia.
Máis información sobre a Síndrome de Down