Transparencia
Canle ética ou de denuncias.
A Asociación Down Pontevedra Xuntos conta cunha Canle ética ou de Denuncias como unha maneira de promover a transparencia e a ética, e que permita identificar condutas irregulares na asociación e polo ben de mellorar nas nosas prácticas.
Esta canle para o envío de denuncias está ao dispor de todos os grupos de interese: persoas empregadas e voluntarias de Down Pontevedra Xuntos, doantes colaboradores, provedores etc.
Down Pontevedra Xuntos pon a súa disposición un formulario de contacto para recoller as denuncias que queiran formular, cuxo acceso está ao pé desta páxina.
Tal e como recolle a Política da Canle de Comunicación e Denuncias, a comunicación poderase realizar de maneira anónima. Garantirase o dereito á intimidade e a confidencialidade dos datos persoais incluídos na denuncia.
As persoas intervenientes en calquera actuación do procedemento de denuncia e investigación da mesma, asumen a obrigación de gardar secreto sobre calquera información á que tivesen acceso en virtude da súa participación, sexa cal for, no proceso.
A vulneración do disposto no presente apartado poderá ser gravemente sancionada.
A Canle de Denuncias está exclusivamente dirixido a recoller denuncias sobre condutas irregulares en Down Pontevedra Xuntos. Enviar unha denuncia implica manifestar o estado ilegal, irregular ou inconveniente de calquera acción levada a cabo por Down Pontevedra Xuntos.
Esta canle NON está dirixida a recoller denuncias relativas a condutas irregulares doutras entidades ou no marco da actividade doutras entidades sexan empresas, organizacións non lucrativas ou calquera outro tipo de organización, sexa cal for a súa relación con Down Pontevedra Xuntos. No seu caso, estas denuncias deberán dirixirse ás canles de denuncia das entidades correspondentes.
Tampouco está dirixido a recoller suxestións, comentarios ou consultas sobre a actividade da Down Pontevedra Xuntos, para as cales existe unha caixa de correo na asociación na Rúa do Gorgullón 41 36003 Pontevedra.
Toda denuncia recibida será analizada e tramitada de acordo o establecido na Política da Canle de Comunicación e Denuncias de Down Pontevedra Xuntos.
Para iso, pode pórse en contacto a través do noso correo xuntos@downxuntos.org, poñendo no asunto: “canle ética ou de denuncias”.
INFORMACIÓN PROTECCIÓN DE DATOS: Non existirá un tratamento de datos sobre denuncias anónimas nas que non consten datos persoais. No obstante, nos demais casos, e cando se faciliten datos persoais a o cubrir o formulario, estes serán tratados pola entidade que aparece indicada no mesmo, coa finalidade, unicamente, de tramitar, instruír e resolver, polas persoas competentes, a denuncia interposta, sendo a base xurídica para o tratamento de ditos datos, o cumprimento de unha obrigación legal, así como o interese público, tendo por obxectivo a prevención e descubrimento de posibles condutas que vaian en contra da normativa legal vixente. Os datos non serán cedidos a terceiros salvo obrigación legal. Poderán exercerse os dereitos de acceso, rectificación, supresión e oposición con respecto aos datos persoais que se houberan facilitado, segundo se indica na información adicional. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade: www.downxuntos.org