Misión, visión, valores
POLÍTICA DE CALIDADE
Down Pontevedra “Xuntos”, como membro da Federación Down Galicia, ten implantado un Sistema de Xestión de Calidade integral en todas as actividades e programas das áreas de Atención temperá, Inclusión educativa, Emprego e formación, Vida adulta, área complementaria e área transversal.
VISIÓN
Ser unha entidade de referencia na prestación de apoios e asesoramento aos recursos ordinarios que utilicen as persoas coa Síndrome de Down e con discapacidade intelectual, e ser capaces de dar resposta aos retos que xurdan no desenvolvemento dos proxectos de vida das persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual.
MISIÓN
Contribuír á mellora da calidade da vida das persoas coa Síndrome de Down e con discapacidade intelectual e das súas familias, a través da plena inclusión social e da utilización dos recursos ordinarios da comunidade, asumindo o establecido na Convención de Nacións Unidas sobre dereitos das persoas con discapacidade.
PRINCIPIOS
- Diversidade: O normal é que sexamos diferentes
- Dignidade: Son unha persoa
- Autodeterminación: Vivo a miña vida
- Igualdade de oportunidades: Coma ti, podo con apoio
- Inclusión: A miña exclusión é o fracaso de todos
VALORES que sustentan a filosofía e servizos que realiza a Asociación.
- Coherencia A institución e todas as persoas que formamos parte da Federación Down Galicia somos coherentes cos nosos principios.
- Participación Contribuímos ao desenvolvemento dunha sociedade máis diversa, inclusiva, democrática e xusta, promovendo a participación activa das persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual.
- Compromiso Esforzámonos por comprender os sentimentos, necesidades e intereses dos demais, especialmente das persoas coa Síndrome de Down e con discapacidade intelectual.
- Reivindicación Reivindicamos os dereitos, deberes e liberdades das persoas coa Síndrome de Down e con discapacidade intelectual coa defensa dos nosos principios, exercitando os nosos valores e desenvolvendo políticas efectivas.
- Efectividade Como entidade de iniciativa social comprometida coa construción do estado de dereito e que traballa en favor de fins de interese xeral, estamos comprometidos coa mellora continua, colaboramos activamente con todos os nosos grupos de interese e somos transparentes na nosa xestión.
- Unión A unión do movemento Down en Galicia arredor da Federación é un patrimonio institucional que debe preservarse como elemento impulsor do desenvolvemento da súa visión.