Down Pontevedra Xuntos, contrata a 3 novas traballadoras cos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia
Down Pontevedra Xuntos, contrata a 3 novas traballadoras cos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia
3 Xaneiro, 2020 Non hai comentarios en Down Pontevedra Xuntos, contrata a 3 novas traballadoras cos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia
Nome do proxecto: Servizo de promoción da autonomía persoal para persoas coa síndrome de down e discapacidade intelectual: SEPAP
Breve descripción do proxecto: Down Pontevedra “Xuntos” Asociación Síndrome de Down, pretende coa posta en marcha deste proxeto prestar apoio ao SEPAP, dirixido ás persoas coa síndrome de Down en particular e discapacidade intelectual en xeral, coa misión de “Garantir a autonomía das persoas usuarias mediante a axeitada orientación, provisión de formación, apoio e guía para acadar a súa inclusión sociolaboral e participación activa na súa contorna social”.
Obxetivo xeneral do proxecto:
Dende o pasado mércores 31 de decembro de 2019 a Asociación Down Pontevedra Xuntos conta con 3 novas traballadoras grazas ós Programas de Cooperación 2019-2020 que convoca a Xunta de Galicia. Os novos profesionais, que estarán ata decembro de 2020, apoiarán á plantilla da entidade nos distintos programas do SEPAP.