Resumo 21 Marzo día Mundial da Sindrome de Down e Aniversario de “Xuntos”
Resumo 21 Marzo día Mundial da Sindrome de Down e Aniversario de “Xuntos”
29 Marzo, 2017 Non hai comentarios en Resumo 21 Marzo día Mundial da Sindrome de Down e Aniversario de “Xuntos”Aquí deixamos un resumo de todo o que compartimos coa cidade de Pontevedra e coa súa xente o pasado 21 de Marzo. Foi un pracer poder mostrar dunha forma tan innovadora a realidade das persoas coa Síndrome de Down e percorrer xuntos o camiño da inclusión.
Dende moi cedo estivemos traballando para montar o noso labirinto na Praza da Ferrería no cal, como na vidal, podíase percorrer o camiño da inclusión social ou o dos estereotipos e prexuízos, e tamén como na vida, so o primeiro ten saída. Dende o noso labirinto partiron as pegadas que nestes días percorreron a cidade de Pontevedra e que levaban cara aqueles establecementos que colocaron a nosa cartelería inclusiva do día mundial da Síndrome de Down. Volvemos a dar as grazas os negocios do téxtil que colaboraron con nós demostrando que as persoas coa Síndrome de Down tamén teñen dereito a coidar a súa imaxe persoal e ir a moda. Igualmente, estivemos encantados da acollida entre as librerías de Pontevedra que demostraron que a poesía e a Síndrome de Down si son compatibles. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Non esquecemos a Caixiña de Mistos que non axudou a difundir a nosa mensaxe mediante filmes.
s
s
s
s
s
s
s
s
Tamén neste día inauguramos o mosaico que con duro esforzo fixeron seu veciños da cidade e os usuarios da práctica totalidade das entidades sociais de Pontevedra. A todos eles e os artistas Gerardo Rodriguez “Chere” e o seu irmán Manuel dámoslle as grazas por ter realizado tan impoñente obra.
s
s
s
s
s
s
s
Como colofón deste magnífico día tivemos o noso acto central na Praza da Pedreira no que participaron os presidentes de Down Pontevedra “Xuntos”, Manuel Pérez Cabo e de Down Galicia, Delmiro Prieto González acompañados polo Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e pola deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación, Digna Rosa Rivas Gómez. Acto magnificamente amenizado polo grupo pontevedrés Vortëx.
Se queredes consultar a revista do 21M para ter mais información pinchade aquí