A Consellería de Economía, Emprego e Industria e o FSE, subvencionan a contratación de dúas persoas desempregadas en Down Pontevedra “Xuntos”
A Consellería de Economía, Emprego e Industria e o FSE, subvencionan a contratación de dúas persoas desempregadas en Down Pontevedra “Xuntos”
10 Setembro, 2018 Non hai comentarios en A Consellería de Economía, Emprego e Industria e o FSE, subvencionan a contratación de dúas persoas desempregadas en Down Pontevedra “Xuntos”A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, subvenciona a contratación dúas persoas desempregadas acollidas ó programa de Garantía Xuvenil en Down Pontevedra “Xuntos”. Esta axuda está cofinanciada polo FSE e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
Esta achega empregarase para sufragar os custos salariais dos traballadores contratados e a súa cotización á Seguridade Social a xornada completa durante 7 meses.
Os dous novos traballadores desempeñarán as súas funcións nas oficinas da nosa entidade en Pontevedra. O obxectivo é prestar apoio cos programas de “Xestión administraiva e redes” e “Adestramento laboral de persoas con discapacidade e síndrome de down”.
Obxectivos dos programas:
- Xestión administrativa e redes: Apoio á responsable de administración nas tarefas propias desta área. Ademáis, para ó profesional supón a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante a formación previa, así como adquirir novas aprendizaxes relacionadas có ámbito da discapacidade.
- Adestramento laboral de persoas con discapacidade e síndrome de down: Apoio e formación no posto, elaboración de materiais, mediación coa empresa, atención a familias. A participación do profesional suporá a implicación na detección das dificultades e a elaboración e busca das adaptacións necesarias para cada usuario/a e a consecutiva avaliación dos progresos obtidos.