AXUDA DA FUNDACIÓN ONCE E FONDO SOCIAL EUROPEO
AXUDA DA FUNDACIÓN ONCE E FONDO SOCIAL EUROPEO
9 Febreiro, 2023 Non hai comentarios en AXUDA DA FUNDACIÓN ONCE E FONDO SOCIAL EUROPEOA Fundación ONCE concedeu a Asociación Down Pontevedra “Xuntos” unha axuda para levar a cabo a formación en habilidades sociolaboráis e adquisición de competencias no perfil de ordenanza está enmarcada dentro do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES MA 2014-2020) financiado pola Fundación Once e o Fondo Social Europeo.
Ten como obxectivo temático 9: Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación e como obxectivo específico 9.1.2: aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión.
A entidade Down Pontevedra “XUNTOS” ten como finalidade clara fomentar que as persoas con Síndrome Down e Discapacidade Intelectual acaden a sociedade de maiores cotas de autonomía e inclusión en todos os ámbitos da súa vida.
Para iso fomenta as accións formativas en competencias transversais e tamén específicas nun perfil profesional, contribuíndo á mellora do acceso ao emprego das persoas con discapacidade intelectual, co fin último de capacitar para o desempeño dunha profesión.