Axuda da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. – Programa Iniciativa Xove
Axuda da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. – Programa Iniciativa Xove
9 Agosto, 2025 Non hai comentarios en Axuda da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. – Programa Iniciativa XoveNo abeiro da ORDE do 21 de abril de 2025 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (código de procedemento BS306B).
Denominación do proxecto
“Contorna Activa” En Rede coa contorna comunitaria.
Duración do proxecto
O proxecto levarase a cabo dende o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2025.
Descrición do proxecto
Este proxecto busca proporcionar os apoios necesarios para que as persoas coa síndrome de Down e/ou outro tipo de discapacidade intelectual cheguen a dispor das habilidades necesarias para a participación efectiva na súa contorna, fomentando ao mesmo tempo a inclusión social e o uso dos servizos ordinarios da comunidade na que viven. Asemade, supón unha aposta polos contidos culturais co gallo de aumentar a súa bagaxe e o coñecemento que os/as usuarios/as teñen do seu contexto máis próximo e de todas as posibilidades que teñen a carón deles/as.



