- As entidades sociais estivemos, estamos e estaremos en primeira liña, apoiando e defendendo os dereitos das persoas máis vulnerables, coa colaboración de todas as persoas que marcan a X Solidaria na declaración da renda.
- Baixo a etiqueta #emerXenciaSOLIDARIA, as ONG galegas lanzan unha campaña nas redes coas persoas beneficiarias de programas financiados coa X Solidaria.
- En Pontevedra 142,627 contribuíntes marcaron o recadro da X Solidaria na súa Declaración da Reda 2020, 5.472 mais que no ano anterior. Recadáronse 3.085.884€, incrementando 310,346€ con respecto a 2019
- 415 pontevedreses e pontevedresas seguen sen marcar o cadro de Outros Fins Sociais. Se o fixeran, en 2020 teríanse recadados 1.978.620 € mais. Un total de 5.064.503 €
Pontevedra. 29 de abril de 2021. Co inicio da campaña para a presentación da Declaración da Renda, as ONG galegas, baixo o paraugas de EAPN Galicia, Cermi Galicia e Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, máis ca nunca, pedimos a colaboración da cidadanía para que marque o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”, o que se coñece como X Solidaria.
A emerxencia sanitaria que padecemos está facendo máis vulnerables ás persoas que xa o eran antes da pandemia. Cara elas as ONG galegas destinan programas e servizos de atención ás persoas en exclusión social ou pobreza que, para seguir manténdose, precisan do financiamento económico que chega a través do 0,7% do IRPF, un orzamento que ás persoas contribuíntes non lles supón ningún custo a maiores.
Pontevedra é a cidade galega que conta cun 54% de persoas contribuíntes que marcaron o recadro da X Solidaria. En 2020, un total de 142.627 contribuíntes marcaron o recadro da X Solidaria na súa Declaración da Renda, 5.472 máis que no ano anterior, recadáronse 3.085.884€, superando en 310.346€ o recadado en 2019.
Con todo, 121.415 pontevedreses e pontevedresas seguen sen marcar o cadro de Outros Fins Sociais. Se o fixeran, en 2020 teríanse recadados 1.978.620€ mais. Un total de 5.064.503€ que irían destinados a programas a favor de persoas en perigo de exclusión social.
En Galicia, a campaña de 2020 recadou 19.292.383 euros, unha cantidade aportada polas 735.705 persoas que marcaron a X Solidaria na súa Declaración. Comparada coa campaña anterior, foron 19.504 persoas máis as que marcaron a X Solidaria permitindo recadar 1.828.550 euros máis. Como media cada contribuínte aportou 26,22 euros.
Actualmente, son aínda 594.110 persoas contribuíntes as que seguen sen marcar a X Solidaria (un total de 473.691 non marcaron ningún recadro e 120.419 só marcaron o da Igrexa). No caso de facelo, permitirían que a asignación final en Galicia incrementara en 12.984.780 euros ata un total de 32.277.165 euros.
O IRPF abarca unha gran diversidade de programas de loita contra a pobreza, pola discapacidade e pola infancia, que veñen desenvolvendo todo tipo de actividades como programas de atención temperá, de inserción laboral, de exclusión social, para a atención a mulleres en situación de violencia machista, educativos, etc.
Dende as ONG queremos destacar que a pandemia motivou un empobrecemento xeral e un incremento de demanda, debendo prestar tamén axuda e servizos a novas persoas e perfís en situación de exclusión social, en especial nenos e nenas, antes de que se cronifique a súa situación. As organizacións estamos a ver por exemplo como se agravan doenzas e se ralentizan recuperacións funcionais que precisan moitas persoas con discapacidade.
emerXencia SOLIDARIA
As entidades de acción social galegas queren recordar que “Marcar o X Solidario non custa nada: NIN pagamos máis NIN imos recibir menos cartos no caso das devolucións” e que se se marca a casiña da Igrexa, pódese marcar tamén a de ‘Actividades de Interese Social’,
Máis información:
www.xsolidaria.org
EAPN Galicia / CERMI Galicia e Plataforma de ONG de Infancia. 698 127 110
Ler máis