Proxecto de adquisición de equipamento para o servizo de promoción da autonomía persoal

Proxecto de adquisición de equipamento para o servizo de promoción da autonomía persoal

Proxecto de adquisición de equipamento para o servizo de promoción da autonomía persoal

Non hai comentarios en Proxecto de adquisición de equipamento para o servizo de promoción da autonomía persoal

Nome do proxecto: Proxecto de adquisición de equipamento para o servizo de promoción da autonomía persoal

Contía da achega: 600 €

Breve descrición do proxecto: Este proxecto está dirixido a usuarios/as con idades comprendidas entre os 0 e 21 anos e basease na adquisición de materiais destinados  o proxecto “Psicomotricidade para nenos e nenas coa Síndrome de Down”. Este proxecto aplicarase en dous dos programas que forman parte do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) da entidade: O programa de Atención Temperá e o Programa de Apoio Personalizado. O primeiro deles vai encamiñado a realizar unha valoración do neno/a e a establecer unha serie de accións para estimular e compensar os aprendizaxes das distintas área, facilitando un maior desenvolvemento persoal e unha mellor inclusión. No programa de Apoio Personalizado traballarase fundamentalmente no reforzo dos aprendizaxes instrumentais básicos xunto  cun progresivo desenvolvemento do razoamento lóxico e a constante mellora da autoestima, prestando especial atención o desenvolvemento da autonomía e iniciativa persoal.

Obxectivo xeral do proxecto: O obxectivo xeral deste proxecto é mellorar a calidade de vida dos usuarios/as do proxecto de psicomotricidade, a través da adquisición de materiais para o mesmo.


DOWN ESPAÑADOWN GALICIA
 
Proxecto cofinanciado por:   

AENOR   IQ NET

 

Back to Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR