• Atención integral a menores e adolescentes coa Síndrome de Down 2016/2019
    Atención integral a menores e adolescentes coa Síndrome de Down 2016/2019
    Non hai comentarios en Atención integral a menores e adolescentes coa Síndrome de Down 2016/2019

    a

    Nome do proxecto: Atención integral a menores e adolescentes coa Síndrome de Down 2016/2019 (prorrogado ata 2019).

    Contía da achega: 58.058,40 €

    Breve descrición do proxecto: Este proxecto vai dirixido a persoas coa Síndrome de Down e/ou Discapacidade Intelectual onde se traballarán liñas de actuación como o Desenvolvemento da Autonomía, o apoio educativo e desenvolvemento lingüístico, a coordinación con centros educativos e a sensibilización. Na primeira destas liñas de actuación preténdese abordar o proceso de maduración e crecemento das persoas con discapacidade e enlazar coa área de vida adulta. No referente o apoio educativo e o desenvolvemento lingüístico tratase de dar resposta a necesidade de apoio os procesos de escolarización e complementar os aprendizaxes escolares básicos e de desenvolver e mellorar a linguaxe oral das persoas con Síndrome de Down e/ou outra discapacidade intelectual. Por último, no referente a sensibilización actuarase tanto no entorno inmediato dos nenos/as e chicos/as así como na sociedade en xeral ofrecendo sesións de sensibilización nos colexios e institutos tanto a compañeiros/as como a profesionais participando en programas de formación de los/las profesores/as.

    Obxectivo xeral do proxecto: O obxectivo xeral perseguido con este proxecto basease en que os nenos e nenas coa Síndrome de Down estean incluídos no seu entorno, en todos os ámbitos e que sexan o mais independentes posible.

    Educo-Spanish

    Ler máis
  • Inclusión educativa de nenos e nenas coa Síndrome de Down
    Inclusión educativa de nenos e nenas coa Síndrome de Down
    Non hai comentarios en Inclusión educativa de nenos e nenas coa Síndrome de Down

     

    Nome do proxecto: Inclusión educativa de nenos e nenas coa Síndrome de Down.

    Contía da achega: 6.000,00 €

    Breve descrición do proxecto: Este é un programa da Asociación Down Pontevedra “Xuntos”, dirixido a os/ás seus/súas usuarios/as menores, cuxa finalidade é que estes/as acaden un maior nivel educativo e de inclusión social a través da realización de actividades sociais e educativas.

    Para levar a cabo este proxecto cóntase cun equipo multidisciplinar de profesionais que traballaran de xeito coordinado entre eles/as e en contacto directo e continuo tanto coas familias como cos colexios. A maiores, serán empregados todos aqueles recursos da comunidade que consideremos de interese para o desenvolvemento integral e a inclusión social das persoas usuarias.

    Obxectivo xeral do proxecto: Acadar un maior nivel educativo e de inclusión social dos nenos/as coa Síndrome de Down a través da realización de actividades sociais e educativas.

     

    logo depu

    Ler máis
  • Xuntos contrata 3 novas profesionais a cargo dos Programas de Cooperación 2016-2017
    Non hai comentarios en Xuntos contrata 3 novas profesionais a cargo dos Programas de Cooperación 2016-2017

     

    logo_YEI-FSE

     

     

     

     

     

    Dende o pasado Venres 30 de decembro de 2016 a Asociación Down Pontevedra Xuntos conta con 3 novas traballadoras grazas ós Programas de Cooperación 2016-2017 que convoca a Xunta de Galicia. As novas profesionais, que estarán ata decembro de 2017, apoiarán á plantilla da entidade nos distintos programas do SEPAP

    Ler máis
  • Proxecto “Actívate” subvencionado pola Consellería de Políica Social (Servizo de Xuventude e Voluntariado)
    Proxecto “Actívate” subvencionado pola Consellería de Políica Social (Servizo de Xuventude e Voluntariado)
    Non hai comentarios en Proxecto “Actívate” subvencionado pola Consellería de Políica Social (Servizo de Xuventude e Voluntariado)

    Con fondos da Consellería de Política Social, o Servizo de Xuventude e Voluntariado concedeunos unha subvención para desenvolver o proxecto “Actívate” neste ano 2016.

    A través deste proxecto proporciónanse os apoios necesarios para que as persoas participantes cheguen a dispor das habilidades necesarias para aproveitar o seu tempo de ocio e lecer da forma máis autónoma posible, fomentando ó mesmo tempo a inclusión social e o uso dos servizos ordinarios da comunidade na que viven. Ademais contamos coa actividade de expresión corporal na que se desenvolven as habilidades sociais e persoais como contido transversal, que favorecerán as relacións interpersoais necesarias para o ocio.

     

    Ler máis
  • Formación e preparación de oposicións autonómicas e estatais
    Formación e preparación de oposicións autonómicas e estatais
    Non hai comentarios en Formación e preparación de oposicións autonómicas e estatais

    Nome do proxecto: Formación e preparación de oposicións autonómicas e estatais para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

    Contía da achega: 59.900,88€

    Breve descrición do proxecto: A partir da valoración individual de cada persoa coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual participante, tratarase de deseñar un itinerario personalizado a través do cal se asignarán as accións formativas e recursos de apoio necesarios para afrontar unha oposición coas maiores garantías de éxito posible. O proxecto destinará o 100% das prazas ó tramo de idade comprendido entre os 21 e os 35 anos promovendo que mais do 45% das prazas sexan destinadas a mulleres con discapacidade.

    Obxectivo xeral do proxecto: Garantir a adquisición e mellora das competencias necesarias para presentarse a un proceso de oposición autonómica e/ou estatal que mellore as posibilidades de adaptación persoal ó proceso selectivo, así coma da súa superación con éxito.

     

     

     

     

    Ler máis
  • Convenio de colaboración co Concello de Pontevedra Programa Autonomía Persoal e Desenvolvemento Linguístico
    Convenio de colaboración co Concello de Pontevedra Programa Autonomía Persoal e Desenvolvemento Linguístico
    Non hai comentarios en Convenio de colaboración co Concello de Pontevedra Programa Autonomía Persoal e Desenvolvemento Linguístico

    Outro ano mais prorrogamos o convenio de colaboración co Concello de Pontevedra para o desenvolvemento do Programa de Autonomía Persoal e Desenvolvemento Lingüístico: Dirixido a acadar unha maior inclusión das persoas coa síndrome de Down e Discapacidade Intelectual.

    ayuntamiento-pontevedra-logo-vector-vertical-450x220

     

    Ler máis
  • Fomento e realización de actividades de voluntariado 2016
    Fomento e realización de actividades de voluntariado 2016
    Non hai comentarios en Fomento e realización de actividades de voluntariado 2016

    A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, afianza o seu compromiso coas persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual cunha achega de 1.794,10€ ó proxecto “Imos Xuntos” de Down Pontevedra “Xuntos”.

    O principal obxectivo desta iniciativa é promover a acción voluntaria nos distintos Programas que se levan a cabo na entidade, coa finalidade de acadar un desenvolvemento pleno das persoas coa Síndrome de Down e/ou outro tipo de discapacidade intelectual.

    Este programa de voluntariado desenvolverase nas Áreas de Inclusión Educativa cun programa de apoio personalizado, na Área Complementaria nos programas de Expresión Corporal, Ócio e Tempo de Lecer . Igualmente farase fincapé na Área de Vida Adulta que pretende dotar dos apoios necesarios ás persoas que integran este colectivo.

    Beneficiáronse deste proxecto aproximadamente 3 voluntarios/as da asociación que colaboraron cun total de 55 nenos/as e mozos/as usuarios da entidade.

    A labor dos voluntarios é fundamental para facer posible que as persoas coa Síndrome de Down e/ou outro tipo de discapacidade intelectual acaden a súa inclusión en tódolos ámbitos axudando ó seu desenvolvemento pleno a través da participación en varios dos Programas que oferta a entidades.

    Ler máis
  • A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvenciona a contratación de unha persoa desempregada en Down Pontevedra “Xuntos”
    A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvenciona a contratación de unha persoa desempregada en Down Pontevedra “Xuntos”
    Non hai comentarios en A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvenciona a contratación de unha persoa desempregada en Down Pontevedra “Xuntos”

    A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, subvenciona a contratación dunha persoa desempregada acollida ó programa de Garantía Xuvenil en Down Pontevedra “Xuntos”. Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo FSE e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

    Esta achega, dun importe de 13.358,17€, empregarase para sufragar os custos salariais dos traballadores contratados e a súa cotización á Seguridade Social a xornada completa durante 7 meses.

    Os dous novos traballadores da Federación desempeñarán as súas funcións nos centros de traballo que Down Galicia ten en Santiago de Compostela e Pontevedra. As súas funcións xiran en torno o apoio ao programa de familias. O obxectivo é prestar apoio co programa de atención a familias co fin de dar resposta aos familiares en todos aqueles aspectos que poidan mellorar a calidade de vida do seu sistema familiar.

    Ler máis
  • A dirección Xeral de Inclusión Social, da Consellería de Política Social, a través do FSE subvenciona 3 proxectos para os anos 2016-2017
    A dirección Xeral de Inclusión Social, da Consellería de Política Social, a través do FSE subvenciona 3 proxectos para os anos 2016-2017
    Non hai comentarios en A dirección Xeral de Inclusión Social, da Consellería de Política Social, a través do FSE subvenciona 3 proxectos para os anos 2016-2017

    A Consellería de Política Social, a través do Fondo Social Europeo, subvenciona os seguintes proxectos dende abril de 2016 ata  marzo de 2017:

    * Programa de Valoración, información e asesoramento en materia social.

    * Itinerarios de Inclusión Sociolaboral

    * Formación laboral específica: Perfil de Horticultura

     

    Ler máis
  • Programa de empoderamento de mulleres no colectivo da SD e/ou DI
    Non hai comentarios en Programa de empoderamento de mulleres no colectivo da SD e/ou DI

     

    DesdeDown Pontevedra “Xuntos” estamos a levar a cabo o Programa de empoderamento de mulleres no colectivo da Síndrome de Down e/ou Discapacidade Intelectual (novembro 2015- setembro 2016). Dito programa, subvencionadopor Secretaría Xeral de Igualdade e Fondo Social Europeo 2014-2020 e que atende a 20 usuarias, fundaméntase nun proceso de concienciación, de aprendizaxe e adquisición de ferramentas para a transformación social a través do empoderamento individual (máis subxectivo) e colectivo (creación de redes e participación social.

    Para acadalo, este artellase en cinco eixos: orientación e información sobre recursos, atención psicolóxica, mediación familiar, adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencia de cara a mellora da empregabilidade e apoio e orientación laboral.

    Todo isto co obxectivo de  favorecer e mellorar a calidade
    de vida das mulleres coa Síndrome de Down e/ou outra discapacidade intelectual e ás súas familiares
    mulleres, contribuíndo ao seu desenvolvemento e evolución persoal ou laboral.

     

    logo_azul_europalogo_sxigualdade_color

     

     

     

    Ler máis

DOWN ESPAÑADOWN GALICIA
 
Proxecto cofinanciado por:   

AENOR   IQ NET

 

Back to Top